Política de privacidade


Política de privacidade

Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?

Os datos persoais facilitados ao contactar serán tratados polo FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE, como responsable do tratamento, cos datos de identificación e contacto indicados no apartado de aviso legal deste portal.

Que datos persoais tratamos?

No FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE tratamos os datos persoais coa finalidade de xestionar a relación con cada persoa cando así se teña consentido e para a xestión solicitada por cada interesada.

Como obtivemos os teus datos de carácter persoal?

Os teus datos de carácter persoal obtivémolos ou ben porque nos mandaches un e-mail a través da web, ou ben porque te subscribiches ao noso boletín de noticias (newsletter).

Para que tratamos os teus datos persoais?

Para cumprir coa nosa misión, tratamos os teus datos de carácter persoal para as seguintes finalidades de xestión e prestación de servizos para ti:

  • Convidarte a actos ou eventos que organice do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.
  • Remitirche o boletín de noticias (newsletter) sobre os produtos e servizos do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE se así nolo solicitas (“Subscrición ao newsletter”).
  • Enviar información sobre do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE vía SMS, aplicacións de mensaxería instantánea, teléfono, correo postal ou e-mail, mesmo cando a nosa relación termine, a non ser que indiques o contrario.
  • Realización de enquisas de satisfacción.
  • Para o seu caso, xestionar as compras que realices ao FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE por calquera canle que poñamos á túa disposición (tenda online ou física) e cumprir coas obrigas legais e fiscais.

Por que motivo podemos tratar os teus datos persoais?

O tratamento dos teus datos persoais relacionado co mantemento da túa relación co FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE para o envío de información, mesmo sobre
actividades, campañas ou iniciativas similares a aquelas nas cales participas ou estás interesado, responde ao teu consentimento e ao interese lexítimo do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.

Cando nos facilitas os teus datos identificativos de contacto (nome, apelidos, DNI, imaxe, correo electrónico, enderezo ou sinatura) necesitamos o consentimento expreso para poder xestionar o solicitado, e clicando na cuadrícula correspondente antes de envialos estás sendo informado e dándonos ese consentimento.

Así e todo, podes retirar o teu consentimento: para o caso de que outorgues o teu consentimento para algunha finalidade específica, tes dereito a retiralo en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.

3.7. Durante canto tempo gardaremos os teus datos?

Os datos persoais proporcionados conservaranse catro (4) anos logo de ter finalizada a relación co FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE (ou retirado o teu consentimento). É posible que se nos esixa utilizar e reter información persoal por motivos legais e de cumprimento, tales como a prevención, detección ou investigación dun crime, en particular branqueo de capitais e prevención do terrorismo. Tamén é posible que utilicemos información persoal para cumprir cos requisitos de auditoría interna e externa, cos nosos obxectivos de seguridade da información, e de calquera outra forma que consideremos necesaria ou adecuada: (a) en virtude da lei aplicable, que pode incluír leis fóra do teu país de residencia; (b) para respostar a solicitudes de tribunais, organismos de seguridade, organismos regulatorios e outras autoridades públicas e gobernamentais, que poden incluír ditas autoridades fóra do teu país de residencia; (c) para o cumprimento dos nosos termos e condicións, e (d) para protexer os nosos dereitos, privacidade, seguridade ou propiedade, ou os doutras persoas.

Cando e por que motivo podemos facilitar os teus datos a terceiros?

Non se prevén comunicacións de datos a terceiros, agás aquelas impostas pola normativa vixente en cada momento e aqueloutras necesarias para cumprir coas obrigas derivadas das campañas, actividades e iniciativas nas que voluntariamente participes.

Se recorremos a empresas de servizos que nos axudan á nosa actividade, os teus datos poderán ser comunicados a estas colaboradoas, en particular asesorías e asistencias técnicas, coa finalidade de que nos poidan prestar os servizos necesarios no desenvolvemento da secretaría técnica e asesoramento xeral de maneira que poidamos darche resposta axeitada ás túas peticións e xestións. En todos os casos, subscribimos contratos con estas persoas ou entidades como encargadas de tratamento, de maneira que os teus datos persoais só serán tratados para as nosas finalidades, sen poder usarse para outras diferentes.

Se no futuro se realizasen outras cesións de datos persoais, recadaríase previamente o teu consentimento.

Realizamos transferencias internacionais de datos?

O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados en países que dispoñen de normativa equivalente á europea (“Terceiros Países”).

Cando excepcionamente non fose así, os provedores subscribirán os correspondentes contratos de confidencialidade e tratamento de datos esixidos pola normativa para provedores situados en Terceiros Países, aplicando as garantías e salvagardas necesarias para preservar a túa privacidade.

Cales son os teus dereitos?

Podes exercer en todo momento os teus dereitos coa finalidade de obter confirmación sobre se se están tratando datos persoais que te afectan. Igualmente, podes exercer os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade -de ser posible-, enviando un correo electrónico aos datos de contacto xa indicados no apartado de aviso legal deste portal.

Asemade, tes dereito a porte en contacto e a presentar unha reclamación diante da Axencia Española de Protección de Datos, a través de https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf

Política de cookies, política de privacidade e aviso legal actualizados o 1 de xullo de 2020.