Política de privacidade
Política de privacidade
Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
Os datos persoais facilitados ao contactar serán tratados polo FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE, como responsable do tratamento, cos datos de identificación e contacto indicados no apartado de aviso legal deste portal.
Que datos persoais tratamos?
Única e exclusivamente os datos de identificación (nome e apelidos) e contacto (correo electrónico), ademais de ubicación xeral (cidade ou vila).
Opcionalmente, poderás facilitarnos máis datos para completar o teu perfil e para facilitar o contacto contigo: Páxina web, Número ICQ, ID de Skype, ID AIM, ID de Yahoo, ID de MSN, Número ID, Institución, Departamento, Teléfono, Teléfono móvil, Enderezo.
Como obtemos os teus datos de carácter persoal?
Os teus datos de carácter persoal obtémolos porque os facilitas ti cando creas unha conta a través de https://campus.fondogalego.gal ou doutro espazo web titularidade do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE habilitado para a formación.
Para que tratamos os teus datos persoais?
Para xestionar a formación na cal te tes interesado.
Por que motivo podemos tratar os teus datos persoais?
Porque ao crear a conta dás o teu consentimento e polo interese lexítimo do FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE.
Clicando na cuadrícula correspondente antes de envialos estás sendo informado e dándonos ese consentimento.
Así e todo, podes retirar o teu consentimento en calquera momento, sen que iso afecte á licitude do tratamento baseado no consentimento previo á súa retirada.
Durante canto tempo gardaremos os teus datos?
Os datos persoais proporcionados conservaranse catro (4) anos logo de ter finalizada a relación co FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE (ou retirado o teu consentimento). É posible que se nos esixa utilizar e reter información persoal por motivos legais e de cumprimento, tales como a prevención, detección ou investigación dun crime, en particular blanqueo de capitais e prevención do terrorismo. Tamén é posible que utilicemos información persoal para cumprir cos requisitos de auditoría interna e externa, cos nosos obxectivos de seguridade da información, e de calqueroutra forma que consideremos necesaria ou adecuada: (a) en virtude da lei aplicable, que pode incluír leis fóra do teu país de residencia; (b) para respostar a solicitudes de tribunais, organismos de seguridade, organismos regulatorios e outras autoridades públicas e gobernamentais, que poden incluír ditas autoridades fóra do teu país de residencia; (c) para o cumprimento dos nosos termos e condicións, e (d) para protexer os nosos dereitos, privacidade, seguridade ou propiedade, ou os doutras persoas.
Cando e por que motivo podemos facilitar os teus datos a terceiros?
Non se prevén comunicacións dos teus datos a terceiros, agás
aquelas impostas pola normativa vixente en cada momento e aqueloutras
necesarias para cumprir coas obrigacións derivadas das campañas,
actividades e iniciativas nas que voluntariamente participes.
Se recorremos a empresas de servizos que nos axudan á nosa actividade, os teus datos poderán ser comunicados a estas colaboradoas, en particular asesorías e asistencias técnicas, coa finalidade de que nos poidan prestar os servizos necesarios no desenvolvemento da secretaría técnica e asesoramento xeral de maneira que poidamos darche resposta axeitada ás túas peticións e xestións. En todos os casos, subscribimos contratos con estas persoas ou entidades como encargadas de tratamento, de maneira que os teus datos persoais só serán tratados para as nosas finalidades, sen poder usarse para outras diferentes.
Realizamos transferencias internacionais de datos?
O FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE ten contratados os servizos de provedores tecnolóxicos situados en países que dispoñen de normativa equivalente á europea (“Terceiros Países”).
Cando excepcionamente non fose así, os proveedores subscribirán os correspondentes contratos de confidencialidade e tratamento de datos esixidos pola normativa para provedores situados en Terceiros Países, aplicando as garantías e salvagardas necesarias para preservar a túa privacidade.
Cales son os teus dereitos?
Podes exercer en todo momento os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade -de ser posible-, enviando un correo electrónico aos datos de contacto xa indicados no apartado de aviso legal deste portal.
Asemade, tes dereito a porte en contacto e a presentar unha reclamación diante da Axencia Española de Protección de Datos, a través de https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formNuevaReclamacion/reclamacion.jsf
Política de cookies, política de privacidade e aviso legal actualizados o 30 de abril de 2021.