Cursos dispoñíbeis

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza o curso online 'A contratación pública ética: política de desenvolvemento sostible', especialmente dirixido ao persoal político e técnico da administración local. Da man da cooperativa IDEAS, as e os participantes coñecerán como os seus concellos poden incorporar cláusulas éticas e de comercio xusto nos contratos públicos, contribuíndo así ao cumprimento do ODS 12. 

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade lanza a segunda edición do curso online 'Localizando a Axenda 2030: O papel clave dos municipios na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible', especialmente dirixido ao persoal político e técnico da administración local. Da man de persoas expertas na materia, as e os participantes coñecerán estratexias e ferramentas para que os seus concellos contribúan ao cumprimento dos ODS.